29 abr. 2011

Proxecto: Superletrón, un superhéroe en acción


Este é outro proxecto colaborativo aloxado na Rede. Este parte da iniciativa da profesora Silvia González Goñi do IES Sierra le Leyre (Sangüesa)

Neste caso trátase da escritura colaborativa dun libro de historias na que a personaxe principal é Superletrón. Poden participar nenos e nenas das etapas de Infantil, Primaria e Secundaria de centros educativos españois. Só fai falla que o/a mestre/a inscriba ao seu grupo de alumnos e cando lles toque o capítulo no que se inscribiron toca redactar a continuación do conto.


Pinchando sobre a imaxe accedemos ao libro  para a súa lectura.

E para participar e saber máis sobre o proxecto podemos ir á seguinte páxina:

http://defarfanias.blogspot.com/2011/04/proyecto-de-escritura-colaborativa.html

Proxecto: Construyendo Historias


Este proxecto parte da iniciativa de Gregorio Toribio, mestre de Educación Primaria no  CEIP ANTONIO RELAÑO- ABRUCENA-ALMERÍA (ESPAÑA).

Temos unha inicio de historia e uns pesonaxes que son Jorge e Natalia e 6 escenarios dos que parten as súas aventuras e logo os nenos e nenas de distintos centros escolares de España e Latino América son os encargados de ir engadindo bloques de aventuras para construir un edificio de contos de 1001 aventuras destes personaxes.

A iniciativa foi tan ben acollida, que a día de hoxe hai 119 mestres  e 931 alumnos inscritos para levar a cabo este traballo colaborativo. 

Para os nenos e nenas é unha experiencia extraordinaria. Aprenden a redactar sen darse e conta e son capaces de comprender as diferentes historias para logo seguir o fío das aventuras de xeito coherente. E para os mestres tamén é unha experiencia moi bonita xa que
chegan a coñecer o potencial creativo e imaxinativo dos nenos e nenas.

Desde aquí quero recomendar este tipo de proxectos como unha ferramenta máis para a animación á lectura e tamén, cómo non, á escritura.  

10 abr. 2011

Animais marinos

Vídeo no que veremos os animais que poden vivir na auga. Sabiades que non só hai peixes na auga? Observade!


Animais salvaxes


Nesta presentación podemos ver algúns animaís salvaxes coas súas descricións. É moi sinxelo. Poderías facer o mesmo?

Animais vertebrados e invertebrados

Presentación na que se recolle a clasificación dos animais en invertebrados e vertebrados:


Os mamíferos

Cálculo mental para primaria

Aplicación na que se pode traballar o cálculo mental de forma divertida e atendendo ao nivel de cada neno/a.

2 abr. 2011

BENVIDOS

           Este blog está pensado para recoller todas aquelas aplicacións que son útiles para traballar co alumnado do 1º ciclo. Trátase de buscar aquel material que pode reforzar as aprendizaxes nesta idade. 

                Comezamos pois esta nova andaina con moita ilusión.