16 oct 2011

Nuestro dibujo animado

Os atrevéis con este juego. Tenéis que dibujar un cuerpo humano sin omitir ninguna parte. Luego le dais a ANIMATE! Y veréis el resultado. Toca divertirse un ratito.

11 oct 2011

Lim do esqueleto

Hoxe déixovos aquí o meu primeiro LIM. Fíxeno sobre o esqueleto, porque era o primeiro tema de coñecemento de2º. Espero que vos guste.


2 oct 2011

Samaín 2011

Este ano imos dedicarlle todo o mes de outubro a preparar cousiña para celebrar o Samaín. Para comezar imos aprender unha canción de Mamá Cabra que se titula "O Samaín" e para a que fixeron un video no CEIP Mestres  Goldar.




E ahí tamén atopamos unhas versións da canción tanto con letra como para karaoke en mp3

O SAMAÍN Canción con letra

O SAMAÍN Versión karaoke

Iremos practicando a canción ata que a saibades ben de memoria e a poidamos cantar e grabar.

Ah, non nos debemos esquecer que hai que decorar a clase e para iso quedan aquí uns enlaces para fichas que imos imprimir e facer. Espero que vos gusten moito.



MANDALA PARA COLOREAR (plástica)

ESQUELETO PARA MONTAR (coñecemento do medio)


LABERINTO (matemáticas)


Tamén imos escribir o noso conto terrorífico seguindo unhas pautas. Isto farémolo por grupos para que nos sexa máis doado. 



Este ano tamén imos facer unhas cabazas para expoñelas no centro.  Aquí vos queda un vídeo explicativo.



E agora tócavos poñervos mans á obra para facer as cabazas máis terroríficas do cole. A ver quen usa máis a súa imaxinación. E sabedes que non vale copiar.


E TAMÉN IMOS....

..... aprender cousas do Samaín:

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html

http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html

... colorear debuxos  no ordenador ou no encerado dixital:

Samaín


Lecturas


http://www.ensinodixital.net/exemplos_lim