14 ago 2011

A respiración

Aquí temos un video da colección Erase una vez la vida, no que podemos aprender e reforzar aspectos relacionados coa respiración.




E aquí temos unha imaxe do proceso de respiración



E propoñemos un exercicio de relaxación e respiración para finalizar este apartado e que podemos atopar no seguinte enlace:




O esqueleto

No primeiro tema de coñecemento do medio de Santillana, temos que tratar o esqueleto humano aprendendo algún vocabulario relacionado. Para iso podemos montar este sinxelo esqueleto unindo as peces con encadernadores para logo ver o vocabulario e xogar con eles.

Para completar a sesión podemos visualizar o seguinte video que nos axudará  a entender a importancia dos ósos e do esqueleto.

16 jul 2011

Coñecemos pintores

No novo curso pretendo que as clases de Educación Plástica non sexan únicamente clases de manualidades, senón que os nenos e nenas coñezan ao longo do curso a diferentes pintores.

Os obxectivos xerais que serven de base para este proxecto son os seguintes:

* Formar progresivamente o sentido estético perosal como recurso para apreciar e valorar elementos constitutivos das artes e obras verdadeiramente artísticas; desenvolver o xuízo crítico e o posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e ás autoras e autores.

* Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas da linguaxe plástica para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.

* Aplicar os coñecementos artísticos na observación e na análise de diferentes manifestacións do mundo da arte e da cultura para comprendelos mellor e formar un gusto propio.

* Participar activamente en produccións artíticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir o produto final o máis satisfactorio posible.

* Coñecer a profesión do pintor e do escultor, interesándose polas características do traballo dos e das artistas e desfrutando como público na observación  e recreación da producción dos  e das artistas e tamén da creación  das súas propias produccións.

E estes serán os contidos a traballar:

* Coñecemento dalgúns pintores e pintoras e as súas obras.
* Recoñecemento dalgunhas técnicas de pintura .
* Recoñecer o valor expresivo da pintura.
* Mostra de respecto polas distintas creacións.
* Diálogo ante unha obra de arte expresando verbalmente sensacións, emocións e ideas que suxire, así como indicando se gusta ou non gusta.
* Discriminación de  materiais, cores, formas, volumes ou liñas, nas imaxes, nos obxectos e nas obras artísticas.
* Experimentación con mesturas de cor utilizando diferentes tipos de pintura e útiles sobre soportes diversos.
* Recreación de obras dos distintos pintores/as en grupo ou de forma individual atendendo ás características da obra.

* Elaboración de obras propias partindo dos coñecementos de diferentes técnicas, materiais e cores.

Os pintores que en principio traballarei son:

1. Salvador Dalí
2. Joan Miró
3. Pablo Picasso
4. Wassily Kandinsky

Pintores galegos:

1. Carmen Touza
2. Jorge Peteiro

Pero imaxino que se poderán incorporar algúns máis, que poidan xurdir ao longo do curso.

15 jul 2011

Avaliación inicial

Para poder avaliar ao noso alumado correctamente é moi importante saber de onde partimos. É preciso que saibamos como entran na nosa aula, que saben, que capacidades teñen, que dificultades presentan. Isto podémolo facer de distintas formas: Observación, controis, fichas de traballo, diario do alumnado,...

Unha das maneiras é facelo a través dunha avaliación inicial na que comprobamos se traen ao curso e reteñen logo de pasar o verán, aquilo que é necesario para poder comezar ben o novo curso, e para detectar canto antes as dificultades que poden ter e poñerlles así as solucións necesarias.

No blog de Orientación Andújar atopamos algún material moi util para afrontar esta avaliación inicial. E está clasificada por cursos e por ciclos.