Aquí queda una página en la que podemos crear fichas para trabajar las horas. Podemos elegir qué horarios queremos trabajar: en punto, y media, y cuarto y menos cuarto....
Y aquí queda el enlace a la página de Orientación Andújar donde podemos acceder a un paquete de actividades, que se pueden descargar, para trabajar también las horas.
Na miña clase propuxen, posto que o número de poemas do libro mo permitían, que cada neno/a fora o representante dun dos poemas. O traballo do representante de poema consistía en levalo para casa, lelo coas familias e memorizalo, á vez que facían un debuxo do que representaba para eles o poema. Todo isto, sen que viran o libro. A idea era ver o que se interpretaba na casa.
Logo unha vez memorizado o poema viñan a aula e recitábano diante da clase e amosaban o debuxo que fixeran e, a continuación eu amosáballes o debuxo que fixera o ilustrador do libro Teo Puebla. E eles comparábanos e comentaban se pensaran algo parecido ou non.
Segundo ían presentando os poemas os que querían podían levar outro poema xa presentado para a casa para memorizalo e recitalo. Foi todo un éxito porque algúns nenos/as chegaron a memorizar ata sete poemas diferentes e recoñecer todos eles sabendo que os presentara.
No blog de aula tamén tiñan unha páxina na que aprenderon datos sobre o autor, a súa obra e o ilustrador como podedes ver nos enlaces anteriores.
Unha vez memorizados os poemas graveinos e finalmente teño o archivo mp3 para compartir, aínda que se nota que é o primeiro, fixérono xenial.
A lástima foi que ao final non puido vir ao centro Antonio García Teijeiro e non o puideron coñecer. Facíalles tanta ilusión despois de aprender tanto sobre el e de coñecer os seus poemas.
En esta actividad debemos ir rellenando los huecos que quedan libres con los números, pero cuidado hay que atender a las características que nos indican.
No blog da mestra Silvia Roca, http://sirogo.wordpress.com ,atopei este vídeo interesante no que nos falan sobre os estudiantes na actualidade. Aquí vos queda para que o vexades.
Xogo interactivo que permite formar grupos de ata 6 xogadores. As preguntas baseanse nas materias da educación primaria. Pode ser empregado en cada un dos ciclos de primaria porque vén, como se pode ver na imaxe, organizado por ciclos.
Aquí vos queda un enlace para unha WebQuest creada para traballar o mundo dos animais. Máis en concreto enfócase a diferenciar os tipos de animais e clasificar os que poidan ser domésticos ou os que sexan salvaxes.
Y esta es otra aplicación que encontré en el blog http://pilarpt.wordpress.com/ de Pilar Moro. Se trata del conocido juego de Pasapalabra pero en este caso adaptado, con niveles de dificultad, para nuestro alumnado. Se llama Pikipalabra. ¿Estáis preparados para jugar? Sólo tenéis que pinchar sobre la imagen.
Visitando o blog http://pilarpt.wordpress.com/ de Pilar Moro atopei este Parchís, para traballar a ortografía en primaria, que me gustou moito. Pinchando sobre a imaxe accededes á aplicación.
Aquí quedan unhas páxinas para traballar sobre o autor conmemorado neste ano 2011
LOIS PEREIRO
1º Un libro LIM sobre o autor aloxado no blog de econenos. Pinchando sobre a imaxe accedemos ao blog e podemos ver o LIM
2º Tamén un ano máis podemos atopar actividades para traballar nas distintas etapas de infantil e primaria na páxina http://seminariogalan.org. Pinchade sobre a imaxe para acceder á páxina.