24 jun 2011

Ser mestra.....

         Por un lado teño que admitir que necesitaba un descanso. O curso ao final faise longo, sobre todo se tentamos facer moitos traballos cos nenos e nenas da aula que impliquen traballar nalgunhas unidades máis alá do  libro de texto, reforzando as explicacións, elaborando material complementario ou localizando este material na Rede ou en medios audiovisuais diferentes. Participar en proxectos colaborativos, preparar as distintas celebracións que se van dando ao longo do curso, como por exemplo: o Nadal, o dia da Paz, o dia dos dereitos da infancia, o Magosto, o Entroido, o día do libro, o día das Letras Galegas, o día da árbore, o día do libro, o día da prensa, a Semana Santa ( sobre todo se non se lle dá exclusivamente a importancia relixiosa senon, a aprendizaxe desta celebración noutras culturas). Logo temos en conta tamén o festival de fin de curso, no que na meirande parte dos casos tentamos participar co noso alumnado o que implica elección do tipo de participación, ensaios, preparación de vestuario, etc. E todo isto completado co ensino dos contidos curriculares. Traballando moitas veces cun libro de texto que non permite ir máis aló, porque nos propón 15 unidades didácticas nas que non se contemplan todas estes eventos recollidos nos calendarios escolares.

         Por outro dame mágoa perder de vista ao alumnado, que tanto avanzou e tanto mellorou ao longo do curso. Implicáronse moito e foron moi receptivos para toda esta avalancha de actividades e contidos, sendo capaces de desfrutar na maior parte do tempo cun traballo que nalgunhas ocasións lles esixía un gran esforzo.

          Síntome moi orgullosa de ser mestra, pero moitas veces vexo, que o que recibimos son comentarios desagradecidos. Persoas que cren que é pouco o traballo que realizamos cada día. Pensan que só traballamos cando temos ao nenos diante e non se dan conta moitas veces de que moito do traballo o facemos nas nosas casas, nas que nos dedicamos a buscar a mellor maneira de dar resposta ás dificultades do alumnado; a programar o que imos facer ao día seguinte ou ao mes seguinte, ou para as distintas celebracións. Preparando ás veces materiais complementarios necesarios para reforzar as explicacións de novos contidos. Ser mestre/a supón un traballlo dentro da aula, pero tamén moito traballo fóra da aula.

          E agora pretenden que pasemos máis tempo nos centros atendendo oos rapaces en guardias e traballos que non nos corresponden ademais de quitarnos o tempo para preparar as nosas clases e traballar na mellora da educación atendendo ás bibliotecas e aos plans lectores, coordinando as actuacións no eido nas novas tecnoloxías, coordinando os plans de convivencia, ..., en fin, todas estas actuacións  necesarias para un bo traballo nos centros e en beneficio indiscutible do noso alumnado.

         E qué dicir da conciliación da vida familiar e laboral da que tanto nos falan e que tanto se reclama???? Dónde está a nosa??

        En definitiva, tómome o meu traballo moi en serio e considérome orgullosísima de ter esta profesión e de ensinar, porque ese é o meu deber, ENSINAR. 

       Vaites, hoxe é día de reflexión, e vou ir parando.

6 jun 2011

Música relajante para el aula







Relajación en el aula

         Hoy se me ha dado por buscar algunas actividades para relajar al alumnado. Hay momentos en el curso en los que tanto profesorado como alumnado están tensos y alterados. 

¿Qué hacer ante esas situaciones? 

     No queremos que nos superen en ningún momento. Pues la mejor manera de llevarlos es relajarse, respirar hondo y crear un ambiente de tranquilidad y de silencio en el aula. Aquí tenemos algunos vídeos que nos pueden ayudar a conseguirlo.