No novo curso pretendo que as clases de Educación Plástica non sexan únicamente clases de manualidades, senón que os nenos e nenas coñezan ao longo do curso a diferentes pintores.
Os obxectivos xerais que serven de base para este proxecto son os seguintes:
* Formar progresivamente o sentido estético perosal como recurso para apreciar e valorar elementos constitutivos das artes e obras verdadeiramente artísticas; desenvolver o xuízo crítico e o posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e ás autoras e autores.
* Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas da linguaxe plástica para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.
* Aplicar os coñecementos artísticos na observación e na análise de diferentes manifestacións do mundo da arte e da cultura para comprendelos mellor e formar un gusto propio.
* Participar activamente en produccións artíticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir o produto final o máis satisfactorio posible.
* Coñecer a profesión do pintor e do escultor, interesándose polas características do traballo dos e das artistas e desfrutando como público na observación e recreación da producción dos e das artistas e tamén da creación das súas propias produccións.
E estes serán os contidos a traballar:
* Coñecemento dalgúns pintores e pintoras e as súas obras.
* Recoñecemento dalgunhas técnicas de pintura .
* Recoñecer o valor expresivo da pintura.
* Mostra de respecto polas distintas creacións.
* Diálogo ante unha obra de arte expresando verbalmente sensacións, emocións e ideas que suxire, así como indicando se gusta ou non gusta.
* Discriminación de materiais, cores, formas, volumes ou liñas, nas imaxes, nos obxectos e nas obras artísticas.
* Experimentación con mesturas de cor utilizando diferentes tipos de pintura e útiles sobre soportes diversos.
* Recreación de obras dos distintos pintores/as en grupo ou de forma individual atendendo ás características da obra.
* Elaboración de obras propias partindo dos coñecementos de diferentes técnicas, materiais e cores.
Os pintores que en principio traballarei son:
1. Salvador Dalí
2. Joan Miró
3. Pablo Picasso
4. Wassily Kandinsky
Pintores galegos:
1. Carmen Touza
2. Jorge Peteiro
Pero imaxino que se poderán incorporar algúns máis, que poidan xurdir ao longo do curso.
Este comentario ha sido eliminado por el autor.
ResponderEliminarCuenta conmigo, este proyecto pinta muy bien... nunca mejor dicho, jejeje.
ResponderEliminar