22 feb 2012

ALPHABETIMALS

      Hoxe quérevos presentar un divertido programa que nos presenta as letras do alfabeto inglés a través dos animais. Cada letra representa un animal e podemos aprender como se di o nome dese animal. Xa os estivemos traballando en coñecemento do medio e agora podemos ampliar os nosos coñecementos aprendendo os nomes en inglés.

     Pero, iso non é todo, se vos apetece podedes escribir o voso nome con estas letras e veredes que bonitos quedan. E logo, se tedes impresora incluso podedes imprimilos para facer algún cartel co nome.

Espero que vos guste.



Atopei este recurso no seguinte blog: http://elvuelodelasmariposas.com

No hay comentarios:

Publicar un comentario