Coas aplicacións que vimos en entradas anteriores chegamos a crear o periódico dixital de aula. Os nenos e nenas aportaron as noticias que creron importantes e as redactaron. Logo seleccionamos un pouco a distribución e as cores.
Aínda nos queda moito traballo por facer pero queremos deixar testemuña do traballo realizado ao longo de toda esta semana, na que os protagonistas eran as noticias e o periódico.
Este recorte periódistico fíxeno para presentar o noso periódico e se pinchades sobre el accededes ao periódico dixital. A ver que vos parece.
No hay comentarios:
Publicar un comentario