29 abr 2011

Proxecto: Construyendo Historias


Este proxecto parte da iniciativa de Gregorio Toribio, mestre de Educación Primaria no  CEIP ANTONIO RELAÑO- ABRUCENA-ALMERÍA (ESPAÑA).

Temos unha inicio de historia e uns pesonaxes que son Jorge e Natalia e 6 escenarios dos que parten as súas aventuras e logo os nenos e nenas de distintos centros escolares de España e Latino América son os encargados de ir engadindo bloques de aventuras para construir un edificio de contos de 1001 aventuras destes personaxes.

A iniciativa foi tan ben acollida, que a día de hoxe hai 119 mestres  e 931 alumnos inscritos para levar a cabo este traballo colaborativo. 

Para os nenos e nenas é unha experiencia extraordinaria. Aprenden a redactar sen darse e conta e son capaces de comprender as diferentes historias para logo seguir o fío das aventuras de xeito coherente. E para os mestres tamén é unha experiencia moi bonita xa que
chegan a coñecer o potencial creativo e imaxinativo dos nenos e nenas.

Desde aquí quero recomendar este tipo de proxectos como unha ferramenta máis para a animación á lectura e tamén, cómo non, á escritura.  

No hay comentarios:

Publicar un comentario