29 abr. 2011

Proxecto: Superletrón, un superhéroe en acción


Este é outro proxecto colaborativo aloxado na Rede. Este parte da iniciativa da profesora Silvia González Goñi do IES Sierra le Leyre (Sangüesa)

Neste caso trátase da escritura colaborativa dun libro de historias na que a personaxe principal é Superletrón. Poden participar nenos e nenas das etapas de Infantil, Primaria e Secundaria de centros educativos españois. Só fai falla que o/a mestre/a inscriba ao seu grupo de alumnos e cando lles toque o capítulo no que se inscribiron toca redactar a continuación do conto.


Pinchando sobre a imaxe accedemos ao libro  para a súa lectura.

E para participar e saber máis sobre o proxecto podemos ir á seguinte páxina:

http://defarfanias.blogspot.com/2011/04/proyecto-de-escritura-colaborativa.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario