15 dic 2011

O BONECO DE NEVE

Apetécevos crear un boneco de neve. Aquí vos queda un xogo para ver quen fai o boneco máis divertido:

22 nov 2011

La Constitución

Hoy vamos a hablar de alguien que estuvo de cumpleaños el 6 de diciembre  y ya tiene 33 años, porque nació en el año 1978. ¿Sabéis quién es?

LA CONSTITUCIÓN ESPAÑOLA

A continuación os propongo algunas actividades para aprender cosillas sobre ella.



Si no funciona el juego pinchando sobre la imagen, pinchad aquí. 

Y si queréis aprender un poco más, leyendo vosotros/as mismos/as, podéis hacerlo en el siguiente enlace:

Entrad aquí si tenéis algún problema.

17 nov 2011

A CASTAÑEIRA

Este ano traballamos cunha personaxe moi especial relacionada co Magosto: A CASTAÑEIRA. Fixemos distintos traballos e vimos un poema que nos gustou moito. Estaba en castelán e traducino ao galego. Aquí queda o resultado do traballo.

12 nov 2011

Poema del otoño

Mi alumnado recitó el poema del otoño titulado: "Las hojitas del otoño". Aquí queda el montaje final y la transcripción del poema.



16 oct 2011

Nuestro dibujo animado

Os atrevéis con este juego. Tenéis que dibujar un cuerpo humano sin omitir ninguna parte. Luego le dais a ANIMATE! Y veréis el resultado. Toca divertirse un ratito.

11 oct 2011

Lim do esqueleto

Hoxe déixovos aquí o meu primeiro LIM. Fíxeno sobre o esqueleto, porque era o primeiro tema de coñecemento de2º. Espero que vos guste.


2 oct 2011

Samaín 2011

Este ano imos dedicarlle todo o mes de outubro a preparar cousiña para celebrar o Samaín. Para comezar imos aprender unha canción de Mamá Cabra que se titula "O Samaín" e para a que fixeron un video no CEIP Mestres  Goldar.




E ahí tamén atopamos unhas versións da canción tanto con letra como para karaoke en mp3

O SAMAÍN Canción con letra

O SAMAÍN Versión karaoke

Iremos practicando a canción ata que a saibades ben de memoria e a poidamos cantar e grabar.

Ah, non nos debemos esquecer que hai que decorar a clase e para iso quedan aquí uns enlaces para fichas que imos imprimir e facer. Espero que vos gusten moito.



MANDALA PARA COLOREAR (plástica)

ESQUELETO PARA MONTAR (coñecemento do medio)


LABERINTO (matemáticas)


Tamén imos escribir o noso conto terrorífico seguindo unhas pautas. Isto farémolo por grupos para que nos sexa máis doado. 



Este ano tamén imos facer unhas cabazas para expoñelas no centro.  Aquí vos queda un vídeo explicativo.



E agora tócavos poñervos mans á obra para facer as cabazas máis terroríficas do cole. A ver quen usa máis a súa imaxinación. E sabedes que non vale copiar.


E TAMÉN IMOS....

..... aprender cousas do Samaín:

http://vello.vieiros.com/vieirosdaescola/index_10.html

http://centros.edu.xunta.es/ceipdepazos/Ana/LIM/SAMAIN/samain.html

http://www.chiscos.net/f1/samain/samain.html

... colorear debuxos  no ordenador ou no encerado dixital:

Samaín


Lecturas


http://www.ensinodixital.net/exemplos_lim








28 sept 2011

EL OTOÑO

Aquí os propongo trabajar en lengua con una aplicación que une el juego con las letras, las sílabas o las frases, con el vocabulario relacionado con el otoño:


ENTRAR

12 sept 2011

Horario para el alumno

Atopei este horario no banco de imaxes de FOCA clipart, espero que vos guste. Ten máis modelos e tamén en diferentes linguas.

14 ago 2011

A respiración

Aquí temos un video da colección Erase una vez la vida, no que podemos aprender e reforzar aspectos relacionados coa respiración.




E aquí temos unha imaxe do proceso de respiración



E propoñemos un exercicio de relaxación e respiración para finalizar este apartado e que podemos atopar no seguinte enlace:




O esqueleto

No primeiro tema de coñecemento do medio de Santillana, temos que tratar o esqueleto humano aprendendo algún vocabulario relacionado. Para iso podemos montar este sinxelo esqueleto unindo as peces con encadernadores para logo ver o vocabulario e xogar con eles.

Para completar a sesión podemos visualizar o seguinte video que nos axudará  a entender a importancia dos ósos e do esqueleto.

16 jul 2011

Coñecemos pintores

No novo curso pretendo que as clases de Educación Plástica non sexan únicamente clases de manualidades, senón que os nenos e nenas coñezan ao longo do curso a diferentes pintores.

Os obxectivos xerais que serven de base para este proxecto son os seguintes:

* Formar progresivamente o sentido estético perosal como recurso para apreciar e valorar elementos constitutivos das artes e obras verdadeiramente artísticas; desenvolver o xuízo crítico e o posicionamento pluralista na aproximación ás obras artísticas e ás autoras e autores.

* Explorar e coñecer materiais e instrumentos diversos e adquirir códigos e técnicas específicas da linguaxe plástica para utilizalos con fins expresivos e comunicativos.

* Aplicar os coñecementos artísticos na observación e na análise de diferentes manifestacións do mundo da arte e da cultura para comprendelos mellor e formar un gusto propio.

* Participar activamente en produccións artíticas de forma cooperativa, asumindo distintas funcións e colaborando na resolución dos problemas que se presenten para conseguir o produto final o máis satisfactorio posible.

* Coñecer a profesión do pintor e do escultor, interesándose polas características do traballo dos e das artistas e desfrutando como público na observación  e recreación da producción dos  e das artistas e tamén da creación  das súas propias produccións.

E estes serán os contidos a traballar:

* Coñecemento dalgúns pintores e pintoras e as súas obras.
* Recoñecemento dalgunhas técnicas de pintura .
* Recoñecer o valor expresivo da pintura.
* Mostra de respecto polas distintas creacións.
* Diálogo ante unha obra de arte expresando verbalmente sensacións, emocións e ideas que suxire, así como indicando se gusta ou non gusta.
* Discriminación de  materiais, cores, formas, volumes ou liñas, nas imaxes, nos obxectos e nas obras artísticas.
* Experimentación con mesturas de cor utilizando diferentes tipos de pintura e útiles sobre soportes diversos.
* Recreación de obras dos distintos pintores/as en grupo ou de forma individual atendendo ás características da obra.

* Elaboración de obras propias partindo dos coñecementos de diferentes técnicas, materiais e cores.

Os pintores que en principio traballarei son:

1. Salvador Dalí
2. Joan Miró
3. Pablo Picasso
4. Wassily Kandinsky

Pintores galegos:

1. Carmen Touza
2. Jorge Peteiro

Pero imaxino que se poderán incorporar algúns máis, que poidan xurdir ao longo do curso.

15 jul 2011

Avaliación inicial

Para poder avaliar ao noso alumado correctamente é moi importante saber de onde partimos. É preciso que saibamos como entran na nosa aula, que saben, que capacidades teñen, que dificultades presentan. Isto podémolo facer de distintas formas: Observación, controis, fichas de traballo, diario do alumnado,...

Unha das maneiras é facelo a través dunha avaliación inicial na que comprobamos se traen ao curso e reteñen logo de pasar o verán, aquilo que é necesario para poder comezar ben o novo curso, e para detectar canto antes as dificultades que poden ter e poñerlles así as solucións necesarias.

No blog de Orientación Andújar atopamos algún material moi util para afrontar esta avaliación inicial. E está clasificada por cursos e por ciclos.

5 jul 2011

Salvador Dalí

Salvador Dalí naceu o 11 de maio de 1904 en Figueras, na provincia de Girona.  
Este é un dos pintores recollidos na proposta de proxecto sobre diversos pintores/as que imos traballar ao longo do curso









La persistencia de la memoria +info




CISNES REFLEJANDO ELEFANTES (Fuente de la imagen)


ROSA MEDITATIVA (Fuente de la imagen)







Aquí temos unha páxina na que se recolle gran parte da obra de Salvador Dalí 
www.Taringa.net
ENTRAR


Este é un dos libros que teremos na aula para botarlle unha ollada +info sobre o libro

Os proxectos de aprendizaxe

Déixovos aquí unha presentación que explica moi ben en qué consiste a aprendizaxe por proxectos.Aprendizaje Por Proyectos

View more presentations from camog70

24 jun 2011

Ser mestra.....

         Por un lado teño que admitir que necesitaba un descanso. O curso ao final faise longo, sobre todo se tentamos facer moitos traballos cos nenos e nenas da aula que impliquen traballar nalgunhas unidades máis alá do  libro de texto, reforzando as explicacións, elaborando material complementario ou localizando este material na Rede ou en medios audiovisuais diferentes. Participar en proxectos colaborativos, preparar as distintas celebracións que se van dando ao longo do curso, como por exemplo: o Nadal, o dia da Paz, o dia dos dereitos da infancia, o Magosto, o Entroido, o día do libro, o día das Letras Galegas, o día da árbore, o día do libro, o día da prensa, a Semana Santa ( sobre todo se non se lle dá exclusivamente a importancia relixiosa senon, a aprendizaxe desta celebración noutras culturas). Logo temos en conta tamén o festival de fin de curso, no que na meirande parte dos casos tentamos participar co noso alumnado o que implica elección do tipo de participación, ensaios, preparación de vestuario, etc. E todo isto completado co ensino dos contidos curriculares. Traballando moitas veces cun libro de texto que non permite ir máis aló, porque nos propón 15 unidades didácticas nas que non se contemplan todas estes eventos recollidos nos calendarios escolares.

         Por outro dame mágoa perder de vista ao alumnado, que tanto avanzou e tanto mellorou ao longo do curso. Implicáronse moito e foron moi receptivos para toda esta avalancha de actividades e contidos, sendo capaces de desfrutar na maior parte do tempo cun traballo que nalgunhas ocasións lles esixía un gran esforzo.

          Síntome moi orgullosa de ser mestra, pero moitas veces vexo, que o que recibimos son comentarios desagradecidos. Persoas que cren que é pouco o traballo que realizamos cada día. Pensan que só traballamos cando temos ao nenos diante e non se dan conta moitas veces de que moito do traballo o facemos nas nosas casas, nas que nos dedicamos a buscar a mellor maneira de dar resposta ás dificultades do alumnado; a programar o que imos facer ao día seguinte ou ao mes seguinte, ou para as distintas celebracións. Preparando ás veces materiais complementarios necesarios para reforzar as explicacións de novos contidos. Ser mestre/a supón un traballlo dentro da aula, pero tamén moito traballo fóra da aula.

          E agora pretenden que pasemos máis tempo nos centros atendendo oos rapaces en guardias e traballos que non nos corresponden ademais de quitarnos o tempo para preparar as nosas clases e traballar na mellora da educación atendendo ás bibliotecas e aos plans lectores, coordinando as actuacións no eido nas novas tecnoloxías, coordinando os plans de convivencia, ..., en fin, todas estas actuacións  necesarias para un bo traballo nos centros e en beneficio indiscutible do noso alumnado.

         E qué dicir da conciliación da vida familiar e laboral da que tanto nos falan e que tanto se reclama???? Dónde está a nosa??

        En definitiva, tómome o meu traballo moi en serio e considérome orgullosísima de ter esta profesión e de ensinar, porque ese é o meu deber, ENSINAR. 

       Vaites, hoxe é día de reflexión, e vou ir parando.

6 jun 2011

Música relajante para el aula







Relajación en el aula

         Hoy se me ha dado por buscar algunas actividades para relajar al alumnado. Hay momentos en el curso en los que tanto profesorado como alumnado están tensos y alterados. 

¿Qué hacer ante esas situaciones? 

     No queremos que nos superen en ningún momento. Pues la mejor manera de llevarlos es relajarse, respirar hondo y crear un ambiente de tranquilidad y de silencio en el aula. Aquí tenemos algunos vídeos que nos pueden ayudar a conseguirlo. 







25 may 2011

La hora

Aquí queda una página en la  que podemos crear fichas para trabajar  las horas. Podemos elegir qué horarios queremos trabajar: en punto, y media, y cuarto y menos cuarto....

Generador de fichas

Y aquí queda el enlace a la página de Orientación Andújar donde podemos acceder a un paquete de actividades, que se pueden descargar, para trabajar también las horas. 

Fichas horas

Y aquí tenemos una actividad interactiva para jugar con los relojes.

ENTRAR

17 may 2011

Caracol e caracola

Premede sobre a frecha que aparece no medio da pantalla de video e comezará sen problema. Non fagades caso á mensaxe de erro.

null

Video atopado na web da CRTVG:  http://beta.crtvg.es/infantil/series/caracol-e-caracola

Amizade de caracois

Premede sobre a frecha que aparece no medio da pantalla de video e comezará sen problema. Non fagades caso á mensaxe de erro.


null

Video atopado na web da CRTVG: http://beta.crtvg.es/infantil/series/amizade-de-caracol

Caracol inventor

Premede sobre a frecha que aparece no medio da pantalla de video e comezará sen problema. Non fagades caso á mensaxe de erro.


null

Video atopado na seguinte web: http://beta.crtvg.es/infantil/series/caracol-inventor

XERADOR DE POEMAS DE LOIS PEREIRO

Presento aquí un XERADOR DE POEMAS DE LOIS PEREIRO para que poidades ler algúns dos seus poemas.

Primeiros auxilios

Aquí vos propoño un xogo para traballar os primeiros auxilios de forma moi sinxela




16 may 2011

Recitando poemas

No segundo trimestre deste curso estivemos traballando sobre o libro de poemas titulado Cacarabín, cacarabón do autor galego Antonio García Teijeiro.

Na miña clase propuxen, posto que o número de poemas do libro mo permitían, que cada neno/a fora o representante dun dos poemas. O traballo do representante de poema consistía en levalo para casa, lelo coas familias e memorizalo, á vez que facían un debuxo do que representaba para eles o poema. Todo isto, sen que viran o libro. A idea era ver o que se interpretaba na casa.

Logo unha vez memorizado o poema viñan a aula e recitábano diante da clase e amosaban o debuxo que fixeran e, a continuación eu amosáballes o debuxo que fixera o ilustrador do libro Teo Puebla. E eles comparábanos e comentaban se pensaran algo parecido ou non.

Segundo ían presentando os poemas os que querían podían levar outro poema xa presentado para a casa para memorizalo e recitalo. Foi todo un éxito porque algúns nenos/as chegaron a memorizar ata sete poemas diferentes  e recoñecer todos eles sabendo que os presentara.

No blog de aula tamén tiñan unha páxina na que aprenderon datos sobre o autor, a súa obra e o ilustrador como podedes ver nos enlaces anteriores.

Unha vez memorizados os poemas graveinos e finalmente teño o archivo mp3 para compartir, aínda que se nota que é o primeiro, fixérono xenial.

Aquí podedes comprobalo vós mesmos:

Recitado de poemas de Cacarabin cacarabon by Recantodastics

A lástima foi que ao final non puido vir ao centro Antonio García Teijeiro e non o puideron coñecer. Facíalles tanta ilusión despois de aprender tanto sobre el e de coñecer os seus poemas.

15 may 2011

Contamos os Euros

Aplicación de Ardora, elaborada no CEIP de Palmeira,  na que hai que colocar as moedas para conseguir as cantidades que se indican.


Trabajamos los números

Aqui os presento una actividad interactiva para escribir los números de forma divertida.



ÉRASE UNA VEZ...

En esta actividad debemos ir rellenando los huecos que quedan libres con los números, pero cuidado hay que atender a las características que nos indican.


5 may 2011

Las plantas

Otra aplicación más en la que podemos trabajar sobre las plantas. Éste es sencillito.

As Plantas

Trivial para primaria

Xogo interactivo que permite formar grupos de ata 6 xogadores. As preguntas baseanse nas materias da educación primaria. Pode ser empregado en cada un dos ciclos de primaria porque vén, como se pode ver na imaxe, organizado por ciclos. 



Recurso atopado neste BLOG

4 may 2011

Webquest para traballar os animais

Aquí vos queda un enlace para unha WebQuest creada para traballar o mundo dos animais. Máis en concreto enfócase a diferenciar os tipos de animais e clasificar os que poidan ser domésticos ou os que sexan salvaxes. 

WebQuest: ¿TIENE MI AMIGA UN DELFÍN EN SU ACUARIO?

Aprender a aprender

Esta é unha aplicación que nos quere acercar ás técnicas de estudo. Vale para todas as idades. 


Espero que poida ser útil tanto para o alumnado como para o profesorado e as familias.


Pasapalabra para niños

Y esta es otra aplicación que encontré en el blog http://pilarpt.wordpress.com/ de Pilar Moro. Se trata del conocido juego de Pasapalabra pero en este caso adaptado, con niveles de dificultad, para nuestro alumnado. Se llama Pikipalabra. ¿Estáis preparados para jugar? Sólo tenéis que pinchar sobre la imagen.

Parchís de ortografía

Visitando o blog http://pilarpt.wordpress.com/ de Pilar Moro atopei este Parchís, para traballar a ortografía en primaria, que me gustou moito. Pinchando sobre a imaxe accededes á aplicación.

3 may 2011

LAS PLANTAS

Letras galegas 2011: Lois Pereiro

Aquí quedan unhas páxinas para traballar sobre  o autor conmemorado neste ano 2011

LOIS PEREIRO


1º Un libro LIM sobre o autor aloxado no blog de econenos. Pinchando sobre a imaxe accedemos ao blog e podemos ver o LIM


2º Tamén un ano máis podemos atopar actividades para traballar nas distintas etapas de infantil e primaria na páxina http://seminariogalan.org. Pinchade sobre a imaxe para acceder á páxina.


29 abr 2011

Proxecto: Superletrón, un superhéroe en acción


Este é outro proxecto colaborativo aloxado na Rede. Este parte da iniciativa da profesora Silvia González Goñi do IES Sierra le Leyre (Sangüesa)

Neste caso trátase da escritura colaborativa dun libro de historias na que a personaxe principal é Superletrón. Poden participar nenos e nenas das etapas de Infantil, Primaria e Secundaria de centros educativos españois. Só fai falla que o/a mestre/a inscriba ao seu grupo de alumnos e cando lles toque o capítulo no que se inscribiron toca redactar a continuación do conto.


Pinchando sobre a imaxe accedemos ao libro  para a súa lectura.

E para participar e saber máis sobre o proxecto podemos ir á seguinte páxina:

http://defarfanias.blogspot.com/2011/04/proyecto-de-escritura-colaborativa.html

Proxecto: Construyendo Historias


Este proxecto parte da iniciativa de Gregorio Toribio, mestre de Educación Primaria no  CEIP ANTONIO RELAÑO- ABRUCENA-ALMERÍA (ESPAÑA).

Temos unha inicio de historia e uns pesonaxes que son Jorge e Natalia e 6 escenarios dos que parten as súas aventuras e logo os nenos e nenas de distintos centros escolares de España e Latino América son os encargados de ir engadindo bloques de aventuras para construir un edificio de contos de 1001 aventuras destes personaxes.

A iniciativa foi tan ben acollida, que a día de hoxe hai 119 mestres  e 931 alumnos inscritos para levar a cabo este traballo colaborativo. 

Para os nenos e nenas é unha experiencia extraordinaria. Aprenden a redactar sen darse e conta e son capaces de comprender as diferentes historias para logo seguir o fío das aventuras de xeito coherente. E para os mestres tamén é unha experiencia moi bonita xa que
chegan a coñecer o potencial creativo e imaxinativo dos nenos e nenas.

Desde aquí quero recomendar este tipo de proxectos como unha ferramenta máis para a animación á lectura e tamén, cómo non, á escritura.  

10 abr 2011

Animais marinos

Vídeo no que veremos os animais que poden vivir na auga. Sabiades que non só hai peixes na auga? Observade!


Animais salvaxes


Nesta presentación podemos ver algúns animaís salvaxes coas súas descricións. É moi sinxelo. Poderías facer o mesmo?

Animais vertebrados e invertebrados

Presentación na que se recolle a clasificación dos animais en invertebrados e vertebrados:


Os mamíferos

Cálculo mental para primaria

Aplicación na que se pode traballar o cálculo mental de forma divertida e atendendo ao nivel de cada neno/a.

2 abr 2011

BENVIDOS

           Este blog está pensado para recoller todas aquelas aplicacións que son útiles para traballar co alumnado do 1º ciclo. Trátase de buscar aquel material que pode reforzar as aprendizaxes nesta idade. 

                Comezamos pois esta nova andaina con moita ilusión.